Biografía

María Acosta Díaz (A Coruña, 1959)
Nos anos 80 marcha a Madrid para estudar Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense. En 1986 comeza o doutoramento en Antropoloxía Social ó tempo que colaboraba en Onda Latina, unha radio libre da cidade. Iníciase na escritura a finais dos oitenta. Traballadora en diversos oficios, sempre compaxinou a súa carreira laboral coa escrita.
En 1999 volve á Coruña e continúa perfeccionando o seu coñecemento da lingua galega, que comezara a estudar pola súa conta poucos meses antes do seu regreso. En 2008 fai unha escolla: a súa lingua preferida para escribir será o galego. Dende aquela fala, le e escribe na lingua do país.
A súa curiosidade lévaa ó estudo do italiano e, no 2010, poucos meses despois de comezar a estudalo, acada o primeiro premio, na modalidade de narración en italiano, do "VI Certame Literario John Towl", organizado pola Escola Oficial de Idiomas da Coruña, co relato La faticosa vita dei professori (A dura vida dos profesores).

No hay comentarios: